Evento: Trío Zukan · Ura

Trío Zukan · Ura
martes, 3 febreiro, 2026 - 20:30
Avenida do Burgo das Nacións,
Santiago de Compostela

Trío Zukan · Ura

O *Trío Zukan* —txistu, acordeón microtonal e percusión— trae ao ciclo Contemporáneas unha das súas propostas máis persoais. 

Trío Zukan —txistu, acordeón microtonal e percusión— trae ao ciclo Contemporáneas unha das súas propostas máis persoais. 
URa (auga, en éuscaro) recolle pezas de Abel PaúlBertrand Chavarría-AldreteJuan José Eslava e Zuriñe F. Gerenabarrena, que reflexionan sobre o uso, o abuso e a beleza da auga como recurso e como símbolo.
O concerto combina sonoridades acústicas e electrónicas, voces, pedras e elementos naturais, transformando o escenario nunha paisaxe en movemento. As obras crean un fluxo sonoro que se expande e se disolve, como un río que avanza sen retorno, entre a forza e a vulnerabilidade.
 

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Concerto Coro do Hospital de Lugo (HULA)
23 de abril
Biblioteca Pública de Lugo
Mares de historias
23 de abril
Avenida do Burgo das Nacións
The Long Ryders + Tesouro
24 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5