Evento: Luz Atlántica
Luz Atlántica
xoves, 16 outubro, 2025 a xoves, 1 xaneiro, 2026
Praza do Toural, 9, 1º,
Santiago de Compostela Luz Atlántica
A galería de arte José Lorenzo de Santiago acolle a exposición /Luz
Atlántica/, dedicada aos artistas vigueses José Frau (1898-1976) e Ángel
Sevillano (1942-1994).
A mostra reúne trinta obras que exploran a luz...
A galería de arte José Lorenzo de Santiago acolle a exposición Luz Atlántica, dedicada aos artistas vigueses José Frau (1898-1976) e Ángel Sevillano (1942-1994). A mostra reúne trinta obras que exploran a luz, a cor e a forma desde dúas perspectivas complementarias dun arte figurativo de identidade atlántica. Frau aborda paisaxes e interiores cheos de emoción e lirismo, mentres que Sevillano amosa escenas populares de estética naïf e cromatismo intenso. As salas do fondo da galería completan o percorrido cunha ampla panorámica da arte galega contemporánea, desde os mestres de comezos do século XX ata o Grupo Atlántica dos anos oitenta.



