Evento: Goya e Hellboy. Unha visión da iconografía de monstros de Stephane Levallois

Goya e Hellboy. Unha visión da iconografía de monstros de Stephane Levallois
xoves, 6 novembro, 2025 a sábado, 24 xaneiro, 2026
Rúa do Vilar, 19,
Santiago de Compostela

Goya e Hellboy. Unha visión da iconografía de monstros de Stephane Levallois

Stéphane Levallois, prestixioso creador do cine fantástico, presenta en *«Goya-Hellboy. Unha iconografía de monstros»* a súa visión dos monstros de Goya en diálogo co superheroe Hellboy. A mostra reúne 72 ilust...

Stéphane  Levallois, un dos grandes creadores do cine fantástico, reflexiona sobre os monstros que Francisco de Goya pintou hai máis de 200 anos, e recrea este universo en diálogo con Hellboy, unha das criaturas do cómic e o cinema fantástico máis populares do século XXI na exposición «Goya-Hellboy.
Unha iconografía de monstros por Stéphane Levallois». Inaugurada hoxe, «Goya-Hellboy. Unha iconografía de monstros, por Stéphane Levallois» reúne 72 ilustracións orixinais nas que o prestixioso debuxante francés Stéphane Levallois reflexiona e captura a iconografía do pintor e gravador español en creacións feitas a partir do universo do superheroe contemporáneo Hellboy.
As persoas que a visiten tamén atoparán dúas das series máis destacadas dos gravados de Goya, cuxa influencia é especialmente sobresaínte na obra de Levallois: «Os caprichos» e «Os disparates», procedentes da Colección de Arte Afundación. Tamén se poderán contemplar dúas láminas cedidas e asinadas polo creador da saga Hellboy, o lendario autor de cómics estadounidense Mike Mignola, quen no 2008 xa lle rendera unha interesante homenaxe a Goya a través dunha banda deseñada presente na exposición e que confirma a enorme pegada de Goya nos creadores de xénero fantástico.
A exposición, comisariada polo recoñecido especialista en cinema e banda deseñada Asier Mensuro, permanecerá aberta ata o 24 de xaneiro.

Máis eventos de tipo Exposición

Mulleres artistas: aprendendo o oficio
11 de marzo a 31 de decembro
Lugar de la Ciudad de la Cultura
Somos un Ribeiro diverso
1 de abril a 31 de decembro
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Boutique Amparo
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural 8