Evento: Arqueoloxía en Monodose

  • Ilustración de Miguel Robledo
Arqueoloxía en Monodose
luns, 20 outubro, 2025 - 19:30
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense,
Ourense

Arqueoloxía en Monodose

Arqueoloxía na provincia de Ourense

No mes de outubro, o MAPOUR continúa co ciclo de "Arqueoloxía en monodose", para descubrir novas propostas para coñecer o noso patrimonio.

Nesta ocasión, Martiño Xosé Vázquez Mato será o poñente de "Desenterrando Antioquía. 4000 anos de historia en 16 hectáreas", o relato do xacemento do Castelo no concello de Vilar de Barrio (Ourense). Un xacemento que presenta un depósito arqueolóxico de gran extensión e cunha longa ocupación no tempo: dende a Idade do Bronce ata a época galaico-romana.

A conferencia terá lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel, rúa do Progreso, 30. Ourense

Martiño Xosé Vázquez Mato é licenciado en Historia pola UVIGO; especialista na aplicación das TIG en Arqueoloxía, e socio fundador de Xeitura S.coop.gal.

O mes de outubro complétase o día 27 coa charla sobre "Arqueoloxía experimental: os vasos cilíndricos de San Cibrao de Las", e a presentación do documental “A madeira no espello da cerámica".

A ilustración do cartel é de Miguel Robledo.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Imaxe
Prevención das adiccións sen substancia na infancia e na adolescencia
6 de febreiro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
A aventura creativa de Anzuelo
6 de febreiro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
BibliotecArte: "A persistencia da memoria" de Salvador Dalí
25 de febreiro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés