Evento: Exposición do Obradoiro de Teares do CCP Xaquín Lorenzo

  • Cartel da Mostra do Obradoiro de Teares
Exposición do Obradoiro de Teares do CCP Xaquín Lorenzo
mércores, 15 outubro, 2025 a sábado, 22 novembro, 2025
Biblioteca Pública de Ourense,
Ourense

Exposición do Obradoiro de Teares do CCP Xaquín Lorenzo

Mostra de pezas do alumnado

O obradoiro de Teares do CCP Xaquín Lorenzo da Deputación de Ourense mostra os traballos dos seus alumnos nunha exposición no vestíbulo da biblioteca.

Máis de 50 pezas elaboradas con técnicas tradicionais compoñen esta mostra dos alumnos do Obradoiro de Teares dirixido pola artesá Concha Outeiriño. Este obradoiro, que o CCP Xaquín Lorenzo leva organizando anualmente dende 2005, ten como obxectivo a formación dos alumnos no uso de teares artesanais e que permite a elaboración de tecidos que a Escola Provincial de Danza-Castro Floxo emprega para a reprodución de vestiario tradicional galego utilizado en exposicións e actuacións dos diferentes grupos da Escola, ao tempo que reserva un espazo para a innovación creando pezas de uso moderno seguindo modelos e técnicas tradicionais.

Fol e flocos de gaita, faixas, chalecos, saias, panos e chales, bufandas, pés de cama e coxíns, alfombras, bolsos, manteis e cortinas, feitos con puntos de adamascado, tafetán, sarga, gorullo ou panamá, son algunhas das pezas que se poderán admirar nesta exposición e que son exemplo do que o alumando chega a ser quen de elaborar despois dos catro anos de formación no Obradoiro de Teares.

A exposición estará aberta ao público até o 22 de novembro no seu horario, de 9.00 a 21.00 de luns a venres e de 10.00 a 14.00 os sábados.

Máis eventos de tipo Exposición

Mulleres artistas: aprendendo o oficio
11 de marzo a 31 de decembro
Lugar de la Ciudad de la Cultura
Somos un Ribeiro diverso
1 de abril a 31 de decembro
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Boutique Amparo
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural 8