Evento: Vivir nas nubes

Vivir nas nubes
sábado, 22 novembro, 2025 - 11:00 a 13:00
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés,
A Coruña
A cargo de Nuria Prieto

PRAZAS ESGOTADAS. FORMULARIOS PECHADOS.

É posible construír con aire?

Pódese vivir dentro dunha nube? 

Neste obradoiro proponse aprender a construír nubes a través da tecnoloxía da arquitectura inflable. 

Orixinal obradoiro que consistirá na construción do inflable pero tamén na experimentación do seu espazo interior. 

Público infantil de 6 a 12 anos

Espazo de obradoiros da Biblioteca

2 quendas:

Quenda 1: 11:00-12:00 h.

Quenda 2: 12:00-13:00 h.

15 prazas por quenda

Inscrición previa a partir do 13 de novembro a través dos formularios da nosa páxina web. Recibe o aviso a través do boletín de novas.

Formulario de inscrición quenda 1

Formulario de inscrición quenda 2

As prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición. Cada persoa será admitida nunha única quenda. No caso de inscribirse en ambas quendas, e resultar admitida, asignaráselle praza na quenda que elixise en primeiro lugar.

No caso de ser seleccionado/a a biblioteca poñerase en contacto con vostede uns días antes da actividade.

Máis eventos de tipo Obradoiro

Obradoiros creativos no Museo Etnolóxico de Ribadavia
Obradoiros Creativos
31 de xaneiro a 16 de maio
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Xogando coas letras - mércores 4
4 de febreiro
Biblioteca Pública de Ourense
Bombas de sementes - Obradoiro con Vermislab
7 de febreiro
Biblioteca Pública de Ourense
Xogando coas letras - mércores 11
11 de febreiro
Biblioteca Pública de Ourense