Evento: Retrincos de Castelao

Retrincos de Castelao
xoves, 4 decembro, 2025 - 20:30
Fundación Camilo José Cela,
Padrón

Retrincos de Castelao

Peza teatral sobre a obra de Castelao

A través dun ollo de vidro que lle dá nova forma á realidade, os cómicos Isabel Risco e Fran Rei lévannos a presenciar a vida dos homes e mulleres que habitaron esta terra para que poidamos comprender, como comprendeu Castelao, quen fomos e quen somos. Con texto de Diego Rey, esta peza teatral supón un achegamento ao humor na obra do inmortal autor de Rianxo.

Retrincos de Castelao é unha das actividades con que a RDL se suma á celebración do Ano Castelao en 10 concellos da Rede de Dinamización Lingüística.

Máis eventos de tipo Espectáculo

os fabulosos cleaners
Os fabulosos CLEANERS
12 de abril
Multiúsos da Xunqueira
Son animal
18 de abril
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Concerto PunkInfantil
18 de abril
Teatro da Beneficencia