Evento: Premio Auditorio de Galicia para Artistas Noveis 2025

Premio Auditorio de Galicia para Artistas Noveis 2025
venres, 10 outubro, 2025 a domingo, 1 marzo, 2026
Avenida do Burgo das Nacións,
Santiago de Compostela

Premio Auditorio de Galicia para Artistas Noveis 2025

Exposición das obras finalistas na décimo cuarta edición deste certame de creación contemporánea galega, lugar de difusión dos traballos das e dos artistas e spazo de encontro con un público amplo e diverso que...

O premio Auditorio de Galicia chega a súa décima cuarta edición como cita consolidada da creación contemporánea galega, como lugar de difusión dos traballos das e dos artistas e como espazo de encontro con un público amplo e diverso que abrangue tamén o ámbito profesional.
A sala Isaac Díaz Pardo recolle a selección que o xurado realiza sobre as propostas recibidas, nunha sempre dificultosa escolla pola alta calidade dos traballos presentados.
O percorrido ben de reflexar a riqueza e pluralidade de perspectivas das persoas que se presentan individualmente ou como colectivo, artistas menores de coarenta anos, nados ou residentes en Galicia. Unha riqueza que se manifesta tamén nas diversas disciplinas e soportes que utilizan, pintura, escultura e tamén instalacións, performances, vídeo creación e outros. Experimentan con materiais, a veces pouco comúns dando lugar a estilos propios e diferenciados. Desafían as convencións e tratan temas que indagan en moitas preocupacións comúns que son tamén a toda a sociedade da que son reflexo. As fronteiras entre disciplinas diluense, transcenden límites e ofrecen un achegamento a sociedade plural que somos.
ARTISTAS SELECIONADAS / OS
Pablo Agma, Alberto Ardid, Manuel Alejandro Balsas Navarro, Blanca Castro, Lara e Noa Castro Lema, Cristian Cerqueira, Fabián Cidrás Pérez, Matías Daporta, Carlos Fer, Nuria Figueiredo, Alejandro Fuertes, Lúa Gándara, Doa Oa, Alberto Ovejero, Lucía Perdiz, Manuela Pereira Enríquez, Sara Piñeiro, Nicolás Pisada, Denis Protopopov, Mar Ramón Soriano, Sara Ricoy Rajoy, Andrés Rodís, Fran Rodríguez Casal, Ariadna Silva Fernández, Cris Souto, Taro, Dennise Vaccarello, Aldara Vázquez, Verónica Vicente, Lucía Villar e Breogán Xague.

Máis eventos de tipo Exposición

Mulleres artistas: aprendendo o oficio
11 de marzo a 31 de decembro
Lugar de la Ciudad de la Cultura
Somos un Ribeiro diverso
1 de abril a 31 de decembro
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Granell cumpre 30 anos
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural, Pazo de Bendaña