Evento: Distinguished Flying Cross

Distinguished Flying Cross
mércores, 15 outubro, 2025 - 20:30
Filmoteca de Galicia,
A Coruña

Distinguished Flying Cross

Travis Wilkerson, 2011

Un pai sentado no centro da mesa, flanqueado polos seus dous fillos adultos e unhas cervexas: esta composición minimalista é tan xeometricamente sobria como A última cea de Leonardo Da Vinci. Relaxado, o home relata sen andrómenas a súa experiencia como suboficial do exército en Vietnam. A guerra? A súa vocación como piloto foi froito do azar: había que pasar polo exército para facer carreira na aviación. Cuestionando a marxe de manobra do que o cineasta denomina «un bo home» en tempos dunha guerra inxusta, a película céntrase sobre todo nas características distintivas do seu discurso. Un longo subtítulo afasta o material do autobiográfico, ao estilo dos capítulos dunha novela do século XVIII: “A historia de como o suboficial Wilkerson foi condecorado coa Cruz de Voo Distinguido, tal e como llela contou aos seus fillos”.

Proxéctase xunto á curta Sand Creek Equation.

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

License to Live
9 de decembro
Filmoteca de Galicia
Chick Strand sesión 2
9 de decembro
Filmoteca de Galicia
Extraño río
10 de decembro
Filmoteca de Galicia
Eyes of the Spider
11 de decembro
Filmoteca de Galicia