Evento: Xavier a través de min

Xavier a través de min
venres, 5 decembro, 2025 - 20:30
Teatro Rosalía de Castro,
A Coruña

Xavier a través de min

Espectáculo de danza a cargo de Félix Fernández

Xavier a través de min é un proxecto de artes vivas de corte autobiográfico e non documental co que traio ao presente o legado inmaterial que o meu irmán Xavier Fernández me deixou en vida, e deixar ao descuberto todo o sedimento da vida do meu irmán en min.
As principais ferramentas para vehicular este contido tan emocional son a danza, o espazo sonoro-musical, a voz, o texto e a instalación, que mesturadas compoñen unha experiencia vivencial moi próxima a un lugar de intimidade case confesional, onde atopar un espazo de liberación enerxético pouco habitual.
Xavier Fernández traballou ata a morte en relación á Consciencia, era psicólogo, criminólogo, investigador e psiconauta, profesor de ioga, de meditación, e tamén guía en procesos de procura interior.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Vitória
25 de novembro, 20:00
Auditorio Municipal Hernán Naval - Ribadeo - Lugo
O escaparate
28 de novembro, 11:00
Forum Metropolitano - A Coruña - A Coruña
Un deus salvaxe
28 de novembro, 20:00
Auditorio Municipal - Vigo - Pontevedra
TIN
28 de novembro, 20:00
Centro Social de Abanqueiro - Boiro - A Coruña