Evento: Historia dunha nena namorada do mar

Historia dunha nena namorada do mar
venres, 5 decembro, 2025 - 12:00
Forum Metropolitano,
A Coruña

Historia dunha nena namorada do mar

Espectáculo teatral a cargo de OsoldeoutonoTeatro

Historia dunha nena namorada do mar é unha peza de teatro chea de tenrura e comicidade. Dirixida ao público familiar tanto para infancia como persoas adultas, 50 min para rir, cantar e chorar!!! Esta Historia fala dos soños, da vontade de ser e chegar a ser o que a nosa alma expresa, sobre todo para unha nena galega que nace e medra preto do mar, ela quere ser Mariñeira. Fala de empoderamento persoal como muller nunha profesión de homes, de aprender por sí mesma a nadar, a remar, a compartir o que ten, a namorarse coa xente do mar e a xerga do mar. O público divírtese a través das dramaturxias visuais e clownescas.  As mensaxes sobre o cambio climático, o coidado polo mar e sobre todo o sentimento de pertenza  e respecto a este elemento da natureza son o eido principal da peza. Hai música en directo e monicreques. 

 

Outras datas

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

As que limpan
22 de novembro, 20:00
Teatro Municipal - Tui - Pontevedra
Sophie non é o meu nome de guerra
22 de novembro, 20:00
Auditorio Municipal - Vigo - Pontevedra
A metamorfose
22 de novembro, 20:00
Pazo da Cultura - Narón - A Coruña
Soledad Vidal & Aurelio Viribay. Cantares atlánticos.
22 de novembro, 20:30
Auditorio Casa da Cultura - Vimianzo - A Coruña