Evento: A Emoción creadora. Manuel Gómez Román e a arquitectura galeguista

A Emoción creadora. Manuel Gómez Román e a arquitectura galeguista
xoves, 25 setembro, 2025 a venres, 28 novembro, 2025
Avenida de Castelao, 42-54,
Santiago de Compostela

A Emoción creadora. Manuel Gómez Román e a arquitectura galeguista

O primeiro andar da Facultade de Filoloxía acolle dende o 25 de setembro a exposición /A Emoción creadora. Manuel Gómez Román e a arquitectura galeguista/, que percorre a traxectoria do arquitecto vigués, refer...

O primeiro andar da Facultade de Filoloxía acolle dende o 25 de setembro a exposición A Emoción creadora. Manuel Gómez Román e a arquitectura galeguista, que percorre a traxectoria do arquitecto vigués, referente do galeguismo e expoñente da arquitectura rexionalista galega. 
A mostra pon en valor o compromiso de Gómez Román (1876-1964) coa procura dunha arquitectura propia para Galicia, inspirada no románico e no barroco como sinais de identidade, e inclúe tamén dous traballos de virtualización realizados por Carlos Paz Lorenzo e Andrés Armesto Cortiña do Centro Infográfico Avanzado de Galicia.

Máis eventos de tipo Exposición

Boutique Amparo
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural 8
Granell cumpre 30 anos
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural, Pazo de Bendaña
Made in China
Made in China
15 de xullo a 30 de xuño
Museo Etnolóxico de Ribadavia
A Ferrolana fondeada na baía de Cádiz. 1849 Ramón L. Barreiro. Debuxo a lapis e tinta
A volta ao mundo da corveta A Ferrolana
17 de outubro a 31 de maio
Casa da Navegación de Baiona