Evento: Colleita de follas e historias: lecturas para días de outono

Colleita de follas e historias: lecturas para días de outono
mércores, 1 outubro, 2025 a sábado, 29 novembro, 2025
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Colleita de follas e historias: lecturas para días de outono

Mostra bibliográfica infantil

A biblioteca énchese de outono. As follas que caen das árbores convértense en alfombras douradas e as follas dos libros lévannos a soñar con novas historias. Nesta mostra atoparás contos que cheiran a bosque, a choiva suave e a tardes acolledoras. Unha invitación para ler e descubrir a maxia desta estación tan especial.

Pode visitarse na sala infantil durante o horario de apertura da biblioteca.

Máis eventos de tipo Exposición

Boutique Amparo
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural 8
Granell cumpre 30 anos
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural, Pazo de Bendaña
Made in China
Made in China
15 de xullo a 30 de xuño
Museo Etnolóxico de Ribadavia
A Ferrolana fondeada na baía de Cádiz. 1849 Ramón L. Barreiro. Debuxo a lapis e tinta
A volta ao mundo da corveta A Ferrolana
17 de outubro a 31 de maio
Casa da Navegación de Baiona