Evento: Catuxa Salom

Catuxa Salom
venres, 14 novembro, 2025 - 20:30
Teatro Jofre,
Ferrol
Concerto a cargo de Catuxa Salom

A fusión de ritmos indíxeno-arxentinos, folclore galego e bases electrónicas enérxicas é a carta de presentación de Catuxa Salom, unha artista que irrompe con forza na escena independiente coa publicación do seu EP “Nunha aldea” (2022), sobre a aproximación ao mundo rural.

Percorreu máis de media centena de salas de concertos e festivais de toda España, compartindo escenario con artistas como Rozalén, El Kanka e Sra. Tomasa, entre outros. O seu directo ofrece unha experiencia visual e sonora envolvente, cunha posta en escena deseñada por Javier Marimón, vestiario vangardista de Ana Surma e o acompañamento de Lucía Cortiñas e Yudit Almeida na percusión, contrabaixo e sintetizadores.

En 2024 recibe o Premio Martín Códax na categoría ‘Músicas do Mundo e Mestizaxe’ e, en novembro dese mesmo ano, publica o seu primeiro LP “Cāldo” (2024).

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

o_dragon_de_ouro
O dragón de ouro
23 de xaneiro, 20:30
Auditorio do Centro Cívico Cultural Manuel Murguía - Arteixo - A Coruña
As gardiás
As gardiás
23 de xaneiro, 20:30
Casa da Cultura de Bertamiráns - Ames - A Coruña
Tabú
Tabú
23 de xaneiro, 21:00
Teatro Lauro Olmo - O Barco de Valdeorras - Ourense
alen
ALÉN
23 de xaneiro, 21:00
Teatro Lauro Olmo - O Barco de Valdeorras - Ourense