Evento: Galicreques 30 aniversario
Galicreques 30 aniversario
mércores, 1 outubro, 2025 a mércores, 29 outubro, 2025
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela Galicreques 30 aniversario
Exposición de marionetas
Celebramos o 30 aniversario do Festival Internacional Galicreques con esta mostra que recolle monicreques e marionetas do mundo que nos acompañaron todos estes anos, así como fotografías de moitas compañías que participaron e grandes espectáculos nacionais e internacionais. Tamén estará exposta unha colección cos carteis das pasadas edicións do festival, dende 1996 até a presente edición 2025.
Esperamos que desfrutedes tanto coma nós deste tradicional e familiar evento que nos acompaña todos os outubros en Santiago de Compostela.
No vestíbulo. Pode visitarse durante o horario de apertura da biblioteca.