Evento: «Phygital land» Traducións do físico ao virtual
«Phygital land» Traducións do físico ao virtual
xoves, 28 agosto, 2025 a domingo, 11 xaneiro, 2026
Monte Gaiás, s/n,
Santiago de Compostela «Phygital land» Traducións do físico ao virtual
/Phygital Land/ explora a construción do espazo virtual desde a dimensión
física, reflexionando sobre como percibimos o dixital e o tanxible cando
ambos mundos se entrelazan. O termo /phygital/ —que
combina /p...
Phygital Land explora a construción do espazo virtual desde a dimensión física, reflexionando sobre como percibimos o dixital e o tanxible cando ambos mundos se entrelazan. O termo phygital —que combina physical (físico) e digital (dixital)— define unha experiencia híbrida que atravesa toda a intervención e nos convida a repensar a relación entre o natural e o tecnolóxico. Empregando técnicas como a fotogrametría e a impresión 3D, xéranse esculturas que son ao tempo datos e materia, así como proxeccións animadas que revelan a mirada da máquina.