Evento: A fotógrafa Ruth Matilda Anderson en Compostela

A fotógrafa Ruth Matilda Anderson en Compostela
xoves, 9 outubro, 2025 - 19:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

A fotógrafa Ruth Matilda Anderson en Compostela

Charla a cargo de Encarna Otero

Ruth Matilda Anderson realizou cinco viaxes por España na década dos anos vinte do século pasado incluíndo a cidade de Santiago de Compostela. Foi entre 1924 e 1926 cando a fotógrafa norteamericana percorreu a comunidade, documentando coa súa cámara a vida cotiá, as tradicións e a paisaxe galega baixo o encargo da The Hispanic Society of America. As súas fotografías, que hoxe forman parte dun arquivo histórico de valor incalculable, ofrecen un testemuño visual único da Galicia rural e urbana de principios do século XX.

Para conmemorar este centenario, convidámoste a asistir á charla "A fotógrafa Ruth Matilda Anderson en Compostela", impartida por Encarna Otero Cepeda, historiadora e incansable divulgadora do patrimonio galego. Da man de Encarna Otero, descubriremos a mirada única de Ruth Matilda Anderson e o valor histórico das súas imaxes, unha viaxe visual que nos conecta coa memoria colectiva da nosa cidade.

No salón de actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

XVIII Xornadas da Asociación de Museólogos da Igrexa en España
XVIII Xornadas da Asociación de Museólogos da Igrexa en España
16 de marzo a 18 de marzo
Museo Catedralicio de Santiago de Compostela
Presentación do poemario: Onde nace
9 de marzo
Biblioteca Pública de Ourense
Presentación do libro: Gaza un xenocidio televisado
24 de marzo
Biblioteca Pública de Ourense
BibliotecArte: "O nacemento de Venus" de Sandro Botticelli
9 de marzo
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés