Evento: Presentación do poemario: Onde nace

Presentación do poemario: Onde nace
luns, 9 marzo, 2026 - 17:00
Biblioteca Pública de Ourense,
Ourense

Presentación do poemario: Onde nace

de Manuel López Rodríguez

Esta tarde presentará na Nós o seu último poemario Manuel López Rodríguez, "Onde nace" da editorial Medulia. 

Manuel López Rodríguez (Noia, 1978) é poeta e activista cultural. Membro cofundador do colectivo literario-artístico Sacou e do dúo poético-musical NoN SomoS NóS, tamén é responsábel de Acha Escrava Editora e da plataforma artística e literaria A Lanzadeira de Alcor.

Impulsor do Encontro Nacional de Poetas en Idioma Galego, ten recibido diversos premios pola súa obra poética, entre os que destacan o Suso Vaamonde, o López Ardeiro, o Eduardo Pondal e o Premio Concello de Carral.

Acceso libre

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Curso de primavera no Museo de Belas Artes da Coruña
Os temas da arte: Heroes e heroínas da mitoloxía clásica
7 de abril a 26 de maio
Museo de Belas Artes
Xornada sobre a paisaxe no tempo no Castro de Viladonga
Relatos sobre a paisaxe no tempo
30 de abril
Museo do Castro de Viladonga
Portada da publicación da Peza do Mes de abril do Museo Arqueolóxico de Ourense
Peza do mes: Romaría de San Vitoiro
1 de abril a 30 de abril
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Presentación do libro "1140"
23 de abril
Biblioteca Pública de Lugo