Evento: De aquí para alá coas emocións
De aquí para alá coas emocións
De aquí para alá coas emocións
Espectáculo teatral a cargo de Lydia Botana
En De aquí para alá coas emocións, gozaremos dun novo espectáculo multidisciplinar composto de música, danza, narración oral, teatro cómico e proxeccións de animacións audiovisuais con catro artistas sobre o escenario.
Cantaremos co público o retrouso que nos levará ao seguinte lugar transportando unha mesma melodía por xéneros musicais como a cumbia, o blues, a bachata ou a rumba.
O obxectivo é achegar as culturas do mundo, identificar as emocións e cultivar a arte a través da linguaxe universal: a música.
Unha divertida aventura emocionante na que pasaremos por distintos estados de ánimo que descubriremos aprendendo e gozando ao mesmo tempo.