Evento: A nena e o grilo camiño das cores

A nena e o grilo camiño das cores
sábado, 18 outubro, 2025 - 18:00
Teatro Pastor Díaz,
Viveiro

A nena e o grilo camiño das cores

Espectáculo teatral a cargo de Magín Blanco

A nena e o grilo camiño das cores é unha montaxe teatral de Magín Blanco e Teatro Ghazafelhos xunto á Banda dos Abrazos en directo.

É a última e cuarta entrega da nena e o grilo, o musical infantil máis aclamado do panorama galego que conta con tres espectáculos previos: O País dos Abrazos, A Nena e o Grilo nun Barquiño e A Nena e o Grilo máis aló.

O fío condutor desta cuarta entrega son os camiños, as peregrinacións nas que as camiñantes buscan atoparse consigo mesmos, a vida que avanza e non sabemos onde nos leva. A Nena xunto coa Banda dos Abrazos que a acompaña emprenderá unha viaxe chea de aventuras e sorpresas na que descubrirá que o seu anhelo non é outra cousa que a amizade. Unha nova entrega da saga para público familiar para viaxar ao País dos Abrazos!

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Os do fondo da Barra. Banzo.
18 de outubro, 00:00
Praza do Balneario de Arteixo - Arteixo - A Coruña
As gardiás
18 de outubro, 20:00
Aula Municipal de Cultura - Betanzos - A Coruña
Credo
18 de outubro, 20:00
Teatro de Benificencia - Ortigueira - A Coruña
Camino a la Meca
18 de outubro, 20:00
Pazo da Cultura - Narón - A Coruña