Evento: Credo
Credo é unha peza de danza itinerante concebida como unha viaxe interior que toma a poética de Celso Emilio Ferreiro como referente artístico e conceptual, e que quere representar o camiño vital do Ser humano a través do movemento, a exploración e o cuestionamiento de sí mesmo e da realidade. O corpo de danza, constituido por catro bailaríns, desenvolve un traballo físico de alta intensidade que indaga nos límites da linguaxe corporal e o seu vínculo co espazo habitado. O cruce de camiños é o escenario simbólico que representa a toma de decisións do ser humano no seu avance permanente cara ó descoñecido. A música orixinal, a cargo de Sergio Moure e a voz de Alba Moura, recolle, a través dunha formulación sinfónica, os sons dunha Galicia intemporal.
Dirección
Jaime Pablo Diaz
Adaptación
NGD
Escenografía
Nova Galega de Danza
Deseño son
Alberto Beade
Deseño iluminación
Anton Cabado
Vestiario
Erica Oubiña
Música
Sergio Moure de Oteyza
Coreografía
Jaime Pablo Diaz Rodriguez
Elenco artístico
Interpretes; Estefania Gómez, Alba Cotelo, Laura Santamariña, Ricardo Fernández