Evento: Roteiro “A mitoloxía agachada: os relatos das orixes nos escudos de Compostela"

Roteiro “A mitoloxía agachada: os relatos das orixes nos escudos de Compostela"
venres, 24 outubro, 2025 - 17:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Roteiro “A mitoloxía agachada: os relatos das orixes nos escudos de Compostela"

Roteiro a cargo de Manuel Gago

A partir do século XVI, a nova fidalguía galega comezou a construírse un pasado que ennobrecese as súas orixes. Botando man da mitoloxía clásica, dos cronicóns de historia, das lendas populares galegas e algunha contada vez de feitos verdadeiros, a nobreza galega labrou nos seus escudos símbolos e escenas que hoxe nos resultan opacos pero que resumían, de xeito visual, as aventuras e sucesos dos fundadores da súa estirpe. Deste xeito, as casas aristocráticas de Santiago de Compostela narran, nas súas fachadas, escenas dunha mitoloxía fragmentaria que hai trescentos anos moitos veciños da cidade podían comprender, discutir e contar os uns aos outros e que hoxe resultan opacas e invisibles. É unha das mitoloxías agachadas de Galicia.

Para 25 persoas de 14 a 99 anos. As persoas interesadas poden retirar o convite no mostrador de Información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.

Máis eventos do ciclo Día da Biblioteca

Concerto de Pava dúo
23 de outubro, 19:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal - Santiago de Compostela - A Coruña
Contamaxias: maxia divertida
24 de outubro, 18:00
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés - A Coruña - A Coruña
C@nto contigo
24 de outubro, 18:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal - Santiago de Compostela - A Coruña
Concerto PunkInfantil
25 de outubro, 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal - Santiago de Compostela - A Coruña