Evento: Tres pesos

Tres pesos
xoves, 24 xullo, 2025 - 21:00
Praza dos Irmáns García Naveira,
Betanzos

Tres pesos

Cantares e contares

Sinopse

O destino designou como depositarias da nosa esencia ás xentes do pobo, e cando estas cantan e contan a quen as quere escoitar, o que sucede transcende a unha simple comunicación: a transmisión oral crea, entre quen emite e quen recibe, un vínculo que os fai para sempre parte dunha mesma realidade; posuidores do mesmo coñecemento e responsables da súa perdurabilidade.

Tanto cada unha das cantigas dos temas que conforman este traballo como os seus títulos son pequenas pílulas que conteñen ensinanzas e mensaxes completas, ou que nos levan a reflexións necesarias para comprender a idiosincrasia da nosa sociedade onte, hoxe e mañá. Conteñen, en resumo, un anaco da nosa esencia: do ser galego.

Os Tres Pesos soben á escena neste traballo para establecer ese vínculo unha vez máis, para ampliar o campo da transmisión oral máis aló das cantigas, para compartir co público unha ducia de Contares e cantares entrañables que eles recibiron xa de outros. Para que a roda da transmisión oral non se deteña.

 

Ficha artística

Duración minutos

75min

Ficha artística completa

Felisa Segade: Voz e percusións tradicionais

Xoán Porto: Acordeón, Voz e percusións tradicionais

José Antonio Ferreira (Pepe de Calo): Gaita, Clarinete, voz e percusións tradicionais

 

Máis eventos de tipo Concerto

Concerto
18 de xullo
Campo do Souto
Homenaxe á música latina
18 de xullo
Praza do Concello
Quitar o aire
19 de xullo
Ponte Maceira