Evento: Consertasso na horta

Consertasso na horta
mércores, 27 agosto, 2025 - 20:00
Casa da Cultura,
Sarria

Consertasso na horta

Espectáculo de teatro a cargo de Brais das Hortas

Hoxe na horta de Brais das Hortas hai concerto. Mellor dito: Consertasso! Todo da casa!

Grelos e temassos, cun equilibrio variado de formas e estilos - como debe ser nun ecosistema musical diverso e saudable! A Santa Compaña aparécese entre as patacas cantando un trap. Hai unha pulga punk da praia de Liméns. As cabras tiran para o monte e os caracois reivindican o seu ritmo: o reggae. Entre as cenorias, os lagartos toman o sol ao son dun tumbao-é o propio!-  e os kiwis non paran de brotar bailando ska. Tamén hai sitio para os soños, coma o de ser astronauta, ou para pedirlle axuda ás veciñas para botarlle o sulfato as viñas. E máis temassos entre guitarrazos, charangazos e un lote de instrumentazos máis.

Música e humor para toda a familia.

Letras e arranxos coidados para sementar e apañar risas e ganas de cantar xuntas.

Máis eventos de tipo Espectáculo

os fabulosos cleaners
Os fabulosos CLEANERS
12 de abril
Multiúsos da Xunqueira
Son animal
18 de abril
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Concerto PunkInfantil
18 de abril
Teatro da Beneficencia