Evento: Somos a Pedra

Somos a Pedra
domingo, 24 agosto, 2025 - 19:30
Campo de Vilanova,
Allariz

Somos a Pedra

Espectáculo de música a cargo dos d'Abaixo

A banda folk Os d'Abaixo, formada no 2010 por músicos de dous dos grandes referentes da música en Galicia: Berrogüetto e Fía na Roca, entre outros. O seu primeiro disco foi gravado en directo no Festival Interceltique de Lorient, sen moitas pretensións, como era na realidade a banda, nacida co fin de amenizar os bailes folk da súa cidade. Pero a aceptación foi tal, que comezaron a xirar por festivais e festas tanto de Galicia como de fóra.

En Maio de 2017 presentaron "Quixera ser dos paxaros", o seu segundo disco, primeiro de estudio, composto por temas case todos inéditos provenientes dun gran traballo de investigación, ao que tamén se dedica a banda. Un disco máis intimista onde a compoñente estética ten moito peso, tanto na coidada selección de letras como no deseño gráfico e a fotografía. No disco, cada un dos temas ven acompañado dunha detallada descrición que axuda a comprender o traballo de investigación do repertorio.

Na xira tocaron nalgúns dos festivais folk máis destacados, como o Festival do Mundo Celta de Ortigueira, o Brosella Folk & Jazz (Bélxica), a Fira Mediterrània de Manresa, o Wackelsteinfestival (Austria), o Festival Folk Celta Ponte da Barca (Portugal), o Artes à Rua (Portugal), o Festival Xironsa, o FIMPT de Vilanova i la Geltrú ou o Arredas Folk Fest (Portugal), entre moitos outros.

Premios Martín Códax da Música | nominación a mellor grupo de música tradicional e folk no 2019, 2018 e 2017.
Premios MIN de la Música Independiendiente | nominación a mellor disco galego do 2018.

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
A familia Schumann
13 de novembro
Avenida do Burgo das Nacións
Catuxa Salom
14 de novembro
Teatro Jofre
Concerto solidario polo Dano cerebral
15 de novembro
CIFP Politécnico de Santiago