Evento: KUMBH MELA. O baño da inmortalidade

KUMBH MELA. O baño da inmortalidade
xoves, 10 xullo, 2025 a domingo, 30 novembro, 2025
Museo das Peregrinacións e de Santiago,
Santiago de Compostela

KUMBH MELA. O baño da inmortalidade

Fotografías de Manuel Valcárcel "Piro"

Entre o 13 de xaneiro e o 26 de febreiro deste 2025, tivo lugar na cidade de Prayagraj un Kumbh Mela especial. Este evento adoita celebrarse cada 12 anos e, cando este ciclo coincide coa órbita completa de Xúpiter (12 ciclos de 12 anos), tórnase excepcional e denomínase Maha, é dicir, «gran». Manuel Valcárcel «Piro» recolleu un suceso que non se repetirá ata dentro de 144 anos; o último tivo lugar en 1881. E recólleo en espectaculares e tamén sobrecolledoras imaxes.

Kumbh Mela vén do sánscrito e posúe un significado profundamente mitolóxico e simbólico dentro do hinduísmo. Kumbh significaría «xerra» ou «cántaro» e Mela «encontro» ou «reunión». Segundo a cosmogonía hindú, durante a batalla entre deuses e demos pola amrita (a xerra do néctar da inmortalidade), catro gotas caeron en Prayagraj, Haridwar, Nashik e Ujjain. Convertéronse así en cidades sacras nas que se celebra sucesivamente esta festividade.

O «Encontro do Cántaro», considerado o maior encontro relixioso do planeta, é tamén unha reunión para lograr o perdón dos pecados propios e os dos ascendentes en 88 xeracións mediante o snana (baño sagrado), e para romper co samsara, o ciclo das reencarnacións, e alcanzar así o moksha, a liberación do espírito.

Manuel Valcárcel «Piro» naceu en Monforte de Lemos (Lugo) na primavera de 1975. Iniciou os seus estudos de fotografía en Lugo, na Escola de Artes Ramón Falcón, e comezou a súa carreira profesional no mundo da televisión, o que o levou a viaxar por todo o mundo cubrindo dende conflitos como a guerra de Irak, ata desastres naurais como o tsunami do Xapón e sucesos políticos, como o funeral de Nelson Mandela. Porén, as súas producións audiovisuais téñense centrado na condición humana e no interese das diferentes culturas. De aí nace o seu primeiro proxecto fotográfico, «Nómades» (2019), no que percorreu os cinco continentes na procura dos últimos pobos nómades do planeta, e «Destino» (2021), un proxecto intimista centrado en 5 peregrinacións.

Máis eventos de tipo Exposición

Boutique Amparo
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural 8
Granell cumpre 30 anos
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural, Pazo de Bendaña
Made in China
Made in China
15 de xullo a 30 de xuño
Museo Etnolóxico de Ribadavia
A Ferrolana fondeada na baía de Cádiz. 1849 Ramón L. Barreiro. Debuxo a lapis e tinta
A volta ao mundo da corveta A Ferrolana
17 de outubro a 31 de maio
Casa da Navegación de Baiona