Evento: Concerto

Concerto
domingo, 3 agosto, 2025 - 13:00
Praza Alcalde Rojo Losada,
Monterroso
Espectáculo de música a cargo de Chuches Amil

Fran Amil fala e canta cos monstros que habitan no disco Monstros, con ou sen consentimento, editado no ano 2018.

Moitísima diversión a través de música lixeira e cantareira que axita os pes e os corpos dos cativos, e sorprenden a máis dun pai e dunha nai chimpando. Unha música contaxiosa e festiva que fai desfrutar do presente e presenta unha ledicia compartible.

Fran Amil instrumentaliza este concerto con voz e guitarra acústica en directo e con bases pregravadas. 

Diversión garantizada!

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
A familia Schumann
13 de novembro
Avenida do Burgo das Nacións
Catuxa Salom
14 de novembro
Teatro Jofre
Concerto solidario polo Dano cerebral
15 de novembro
CIFP Politécnico de Santiago