Evento: Verán fantástico: o romantasy é a miña perdición
Verán fantástico: o romantasy é a miña perdición
martes, 1 xullo, 2025 a domingo, 31 agosto, 2025
Biblioteca Pública de Ourense,
Ourense Verán fantástico: o romantasy é a miña perdición
Mostra bibliográfica
Un ano máis, dende o Espazo Xove imos explorar o xénero fantástico, un dos máis abundantes entre os seus andeis. Nesta ocasión centrarémonos no subxénero fantástico de moda: o romantasy.
Pero, realmente o romantasy é fantasía? Toda a fantasía con romance é romantasy? Como podo recoñecer que é un romantasy? Cales son as súas máximas representantes? Estas e outras preguntas, así como unha boa selección de obras que poden encadrarse, ou non, dentro deste subxénero, abordaranse nesta mostra que estará dispoñible os meses de xullo e agosto no Espazo Xove.