Evento: Home Orquestra

Home Orquestra
sábado, 26 xullo, 2025 - 20:00
Praia fluvial de San Clodio,
Ribas de Sil

Home Orquestra

Espectáculo de música a cargo de Cé Orquestra Pantasma

Baixo Cé orquestra pantasma agóchase o vigués César Freiria, músico autodicacta e apaixoado dos instrumentos musicais.
Comezou a súa andaina musical aos oito anos dentro da música tradicional e desde aquela non deixou de navegar polos variados estilos da musica popular, chegando a formar parte de grupos tan dispares entre si como A Roda ou banda de punk Oxtiax ke te Pariu.
Dende comezos do verán de 2008 e con máis de 250 concertos en dous anos, este músico leva percorrido toda a xeografía galega, paseándose polos mellores festivais e festas do país levando ás costas a súa proposta: Cé orquestra pantasma, un proxecto musical, unipersoal e versátil, grazas ao seu amplo e variado repertorio, no que se conxuga á perfección toda unha vida musical.

Apoiándose na recuperación da figura do home orquestra, Cé orquestra pantasma convértese na fórmula perfecta para escapar do mundo por uns intres, deixándose levar, entregándose por completo á festa, porque iso é o que son os seus espectáculos, unha gran festa chea de forza, ritmo e fantasía na
que o público deixa de ser espectador para converterse en protagonista.

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
A familia Schumann
13 de novembro
Avenida do Burgo das Nacións
Catuxa Salom
14 de novembro
Teatro Jofre
Concerto solidario polo Dano cerebral
15 de novembro
CIFP Politécnico de Santiago