Evento: Irmandade

Irmandade
xoves, 4 decembro, 2025 - 20:30
Avenida do Burgo das Nacións,
Santiago de Compostela

Irmandade

Concerto de abono da Real Filharmonía de Galicia da temporada 25/26 titulada "Historias".  

Baldur Brönnimann, director

  • Cometa: Encarga a Carme Rodríguez. Estrea absoluta
  • Arvo Pärt: Fratres
  • Gra?yna Bacewicz: Concerto para orquestra de corda
  • Louise Farrenc: Sinfonía núm. 3 en Sol menor, Op. 36

Toma o relevo da compositora galega Carme Rodríguez o estoniano Arvo Pärt, un compositor da espiritualidade. Fratres é unha peza composta en 1977 a partir dun simple intervalo no que o violín inicia un percorrido pola éxtase, a axitación e a luz. Inefable é tamén a estética da compositora polaca Gra?yna Bacewicz, quen fora excelente violinista e pianista ata que un grave accidente a levou a centrarse na composición, de cuxo talento melódico é excepcional mostra o Concerto para orquestra de cordas. Outra compositora pecha o programa, a francesa Louise Farrenc: pedagoga, intérprete, estudosa e recoñecida compositora no seu tempo, foi admirada por Berlioz polo seu inhabitual talento sinfónico. En 1849 estreou a Sinfonía núm. 3 en Sol menor, que foi a súa última obra sinfónica, na que conflúen a expresividade do clarinete de Mozart e a súa devoción por Beethoven.
CONVERSANDO CON… Baldur Brönnimann Sala Mozart, 19:45 h
Coa participación do alumnado da EAEM
 

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
A clásica historia
16 de outubro
Avenida do Burgo das Nacións
Os do fondo da Barra. Banzo.
18 de outubro
Praza do Balneario de Arteixo
Metrika
18 de outubro
Rúa de Concepción Arenal, 5