Evento: Constelacións de auga · Música práctica e Abraham Cupeiro
Constelacións de auga · Música práctica e Abraham Cupeiro
Constelacións de auga · Música práctica e Abraham Cupeiro
Baixo a dirección de Fernando Buide, o ensemble Música Práctica convida o
multiinstrumentista Abraham Cupeiro a explorar a relación entre a auga e o
cosmos no marco do ciclo Contemporáneas.
Baixo a dirección de Fernando Buide, o ensemble Música Práctica convida o multiinstrumentista Abraham Cupeiro a explorar a relación entre a auga e o cosmos no marco do ciclo Contemporáneas.
O programa fia obras de Karlheinz Stockhausen, Caroline Shaw e unha nova creación de Buide, A constelación de Saxitario, nunha viaxe que conecta o líquido e o estelar.
O concerto combina instrumentos antigos, electrónica e sonoridades contemporáneas, ofrecendo unha experiencia que flúe entre o rito e a contemplación. As constelacións convértense en ríos de luz e son, e a música, como a auga, serve de ponte entre o íntimo e o infinito.
Máis eventos de tipo Concerto



