Evento: Irmandade
Irmandade
Baldur Brönnimann, director
- Cometa: Encarga a Carme Rodríguez. Estrea absoluta
- Arvo Pärt: Fratres
- Gra?yna Bacewicz: Concerto para orquestra de corda
- Louise Farrenc: Sinfonía núm. 3 en Sol menor, Op. 36
Toma o relevo da compositora galega Carme Rodríguez o estoniano Arvo Pärt, un compositor da espiritualidade. Fratres é unha peza composta en 1977 a partir dun simple intervalo no que o violín inicia un percorrido pola éxtase, a axitación e a luz. Inefable é tamén a estética da compositora polaca Gra?yna Bacewicz, quen fora excelente violinista e pianista ata que un grave accidente a levou a centrarse na composición, de cuxo talento melódico é excepcional mostra o Concerto para orquestra de cordas. Outra compositora pecha o programa, a francesa Louise Farrenc: pedagoga, intérprete, estudosa e recoñecida compositora no seu tempo, foi admirada por Berlioz polo seu inhabitual talento sinfónico. En 1849 estreou a Sinfonía núm. 3 en Sol menor, que foi a súa última obra sinfónica, na que conflúen a expresividade do clarinete de Mozart e a súa devoción por Beethoven.
CONVERSANDO CON… Baldur Brönnimann Sala Mozart, 19:45 h
Coa participación do alumnado da EAEM
Máis eventos de tipo Concerto