Evento: Plastic Biontes | Intervención artística do colectivo Basurama

Plastic Biontes | Intervención artística do colectivo Basurama
xoves, 5 xuño, 2025 a domingo, 23 novembro, 2025
Monte Gaiás, s/n,
Santiago de Compostela

Plastic Biontes | Intervención artística do colectivo Basurama

*Plastic biontes* é unha intervención nas Torres Hejduk que pretende un diálogo, a través do lixo, entre a Cidade da Cultura e a cidade de Santiago. As torres como faros, como puntos de referencia social, como ...

Plastic biontes é unha intervención nas Torres Hejduk que pretende un diálogo, a través do lixo, entre a Cidade da Cultura e a cidade de Santiago. As torres como faros, como puntos de referencia social, como símbolos que unen a historia, a memoria e a posibilidade dun futuro aínda por imaxinar e construír. 
Plastic biontes reflexiona sobre os límites entre o "natural" e o artificial, cada vez máis difusos, e na interdependencia das formas de vida. Propón unha mimese entre o existente e o novo, nesas simbioses que nos axudan a imaxinar formas de vida futura, a prestar atención ás ameazas pero que tamén nos interpelan a imaxinar formas de adaptación, colaboración e resiliencia.
Ambas intervencións empregan restos de materiais que proveñen das cadeas de produción industriais de empresas próximas, reutilizándoos e resignificándoos para transformar a pel das torres. Un xogo entre o visible e o invisible.
Recuperar a imaxinación, o poder de observación, do próximo, do que existe ao noso arredor pero que é invisible aos ollos. Facer visible a abundancia axúdanos a entender quen somos.
 

Máis eventos de tipo Exposición

Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Mulleres artistas: aprendendo o oficio
11 de marzo a 31 de decembro
Lugar de la Ciudad de la Cultura
Somos un Ribeiro diverso
1 de abril a 31 de decembro
Museo Etnolóxico de Ribadavia