Evento: Tras a pegada das musas
Tras a pegada das musas
A exposición "Tras a pegada das musas" invita aos asistentes a realizar un percorrido expositivo polas obras da artista plástica Mareiras, que falan de oito mulleres artistas cunha creatividade poderosa e singular: a condesa Oldini, Isabel Rawsthorne, Suzanne Valadon, Bella Chagall, Lidia Delectorskaya, Teresa Arijón, Celia Paul e Ethel Warwick. Ademais, Mareiras inclúe a súa propia musa masculina, Fausto.
Deste xeito, a artista rompe co discurso artístico hexemónico e reivindica a posibilidade de que os homes encarnen o papel de musa. Inspirada polo libro "A muller pintada" de Teresa Arijón, a intención das obras de Mareiras é revalorizar os nomes destas grandes creadoras, devolvéndolles o lugar na historia que se merecen e que o relato canónico lles negou.