Evento: Familia Caamagno

Familia Caamagno
sábado, 2 agosto, 2025 - 13:30
Parque da Hortiña. Limodre,
Fene

Familia Caamagno

Espectáculo de música a cargo de Familia Caamagno

Xa está aquí o novo LP de Familia Caamagno! Oito cancións que navegan desde os confíns do garage ata o power pop máis delicado. 

“O mundo está derrotado” é un disco nostálxico, cómico e político a partes iguais. Un disco que nace froito dunha situación excepcional, e que mira cunha risa nerviosa todas esas noticias de inflacións, guerras e cambios climáticos. 

O disco comeza co “Xuntos” de Juan Pardo (1987) e remata con “O día que Fraga finou” inspirada no “The Day that Tatcher dies” de Hefner (2000) Polo medio a década dos 90 e as visións dun futuro distópico que xa pasou e que se repite unha e outra vez. 

“O mundo está derrotado” está producido e gravado por Carlos Hernández nos estudios “El Castillo Alemán” entre outubro, febreiro e maio de 2022. 

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

Cirkote
4 de agosto, 19:00
Alameda do Concello - Catoira - Pontevedra
Onde viven os monstros
5 de agosto, 11:30
Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey - O Grove - Pontevedra
Novas tolemaxias
5 de agosto, 19:00
Praza do Concello - A Mezquita - Ourense
THE KROWD - Trío
5 de agosto, 20:00
Praza do Concello - A Mezquita - Ourense