Evento: Picadiscos

Picadiscos
martes, 26 agosto, 2025 - 20:00
Praza da Constitución,
Cee

Picadiscos

Espectáculo de música a cargo de Maria Faltri

María Faltri propón un espectáculo orixinal e sorprendente: unha picadiscos de música infantil. Durante o seu espectáculo, e ao longo de 60 minutos, María brindará aos cativos e cativas unha escolla da mellor música infantil en galego para que non deixen de cantar e bailar.

Con esta proposta María Faltri achega aos nenos e nenas un espazo festivo e de lecer no que a música en galego é o fío condutor. A proposta ten un carácter dinamizador do uso da lingua galega entre a infancia e as familias participantes porque promove a socialización en galego entre a propia infancia así como no ámbito familiar para conseguir, neste segundo caso, a transmisión interxeracional do idioma a través do xogo e a música. 

En ‘Picadiscos MariFaltri’ a participación do público forma parte do desenvolvemento do espectáculo. A partir da música e coa imprescindible axuda do público, interpretaranse de forma colectiva as cancións máis coñecidas da música infantil en galego e promoverase a súa aprendizaxe tanto por parte das nenas e nenos como das persoas adultas que as acompañen nas actuacións. 

Outras datas

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

Concerto
9 de xullo, 20:00
San Miguel - O Rosal - Pontevedra
Con lingua propia
9 de xullo, 21:30
Alameda de Raxoi - Pontedeume - A Coruña
Un saco de contos
10 de xullo, 11:00
Instalacións culturais e deportivas do Conco - Dumbría - A Coruña
A Hortiña
10 de xullo, 12:00
Monte Cambeiro - Corcubión - A Coruña