Evento: Fendas do silencio

Fendas do silencio
xoves, 30 abril, 2026 - 20:30
Avenida do Burgo das Nacións,
Santiago de Compostela

Fendas do silencio

Concerto de abono da Real Filharmonía de Galicia da temporada 25/26 titulada "Historias".  

Vimbayi Kaziboni, directorNoè Rodrigo Gisbert e Adélaïde Ferrière, percusión

  • Cometa: Encarga a Francisco Domínguez. Estrea absoluta.
  • Rebecca Saunders: VOID. Estrea en España
  • Francisco Guerrero: Coma Berenices

En colaboración co Festival RESIS
Francisco Domínguez abre o concerto coa súa Cometa, introducindo un programa que conecta distintos xeitos de entender a creación contemporánea. Coa súa especial lucidez, a londiniense Rebecca Saunders explora o papel da música nunha sociedade en constante conflito, da que quere resaltar a humanidade que nos envolve. Inspirada en Textos para nada de Beckett, VOID debuxa, a través dunha ampla paleta orquestral, a flutuación entre ruído e son. A morte prematura de Francisco Guerrero, acaecida en 1997 cando tiña 47 anos, deixou en suspenso unha das máis orixinais formas de achegarse á música a partir das matemáticas. Coma Berenices está considerada a obra máis importante do compositor xienense; composta un ano antes da súa morte, a peza inspírase literalmente nas proporcións matemáticas existentes nesta constelación situada ao oeste de Leo.
 

Máis eventos de tipo Concerto

Miguel Matamoro
21 de xullo
Museo Ramón María Aller Ulloa
Tubos do mundo
22 de xullo
Praza do Reló
JET
22 de xullo
Rúa de Concepción Arenal, 5