Evento: Tubos do mundo

Tubos do mundo
mércores, 22 xullo, 2026 - 20:30
Praza do Reló,
A Guarda

Tubos do mundo

Espectáculo musical a cargo de Xavi Lozano

Pódese facer música cunha vasoira? Cunha escaleira ou cunha barreira de obra? Pódese! E vaia que si!

No mundo hai moitísimos tubos que se poden soprar. Se as frautas son esencialmente tubos, moitos tubos da nosa contorna máis cotiá poden considerarse frautas... Se sabes como soprar neles, Tubos do mundo é un concerto sorprendente no que Xavi Lozano presenta a súa particular forma de relacionarse musicalmente cos obxectos. "Eu xa tocaba instrumentos de vento pero, fai anos, cando o meu avó rompeu o fémur, comecei a tocar a súa muleta. Desde entón non puiden deixar de soprar cousas”.

Dende fai máis de 20 anos, Tubos do mundo chega ás catro puntas do planeta. Vénse representando en conservatorios, centros culturais, en teatros e en escolaas, lembrándonos con humor e enxeño que a música está alí onde decidamos atopala.

Máis eventos de tipo Concerto

NoitiNHas 2026
9 de setembro
Avda. do Burgo das Nacións, s/n
A Voz Humana
11 de setembro
Avenida do Burgo das Nacións
Kenny “Blues Boss” Wayne
13 de setembro
Rúa de Concepción Arenal, 5
Legends Tour
17 de setembro
Auditorio Municipal Manuel María