Evento: C@nto contigo

C@nto contigo
sábado, 28 xuño, 2025 - 12:00
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés,
A Coruña

C@nto contigo

Paco Nogueiras ofrécenos un espectáculo infantil con música no marco do Festival Atlántica 2025

C@nto contigo é un espectáculo onde Paco Nogueiras fai un percorido por cancións dos seus traballos “Brinca Vai!”, “Radio Bulebule” e “Extra!” sacando a nosa lingua a voar de xeito lúdico e divertido. Neste GRANDES ÉXITOS hai retrousos e cancións para participar activamente, bailando sen complexos, acompañando coa voz, coas palmas ou con acenos.

Paco Nogueiras chega acompañado dos seus instrumentos facendo un percorrido por un amplo abano de estilos musicais , dende o techno ao rock, pasando polo reggae ou a música electrónica, aínda que sen esquecer as influencias tradicionais.

C@nto contigo convértese así,nunha oportunidade de cantar con amigos e amigas nun particular concerto onde a música e o humor transformará a biblioteca…nunha festa moi especial onde ti es protagonista.

C@nto contigo viaxará alí onde alguén queira cantar, rir, bailar ou simplemente escoitar coas mans e as orellas ben abertas! Asi que … colle aire, saca o teu mellor sorriso e … cantemos!

Publico familiar a partir de 3 anos

Salón de actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala. 

Máis eventos de tipo Espectáculo

A Ramona pequena vai á Lúa
13 de setembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A falsa autónoma
5 de novembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Entre arrolos e contiños
20 de xuño
Punto de atención á infancia
As historias do avó Manuel
20 de xuño
Auditorio Constante Liste