Evento: Will Smith's New Orleans Jazz Cats Ft. Carlos Childe

Will Smith's New Orleans Jazz Cats Ft. Carlos Childe
xoves, 12 xuño, 2025 - 21:30
Rúa do Preguntoiro, 35,
Santiago de Compostela

Will Smith's New Orleans Jazz Cats Ft. Carlos Childe

Esta xira é resultado de anos de colaboracións entre ambos os músicos que nos traen a esencia dos sons de Nova Orleans. Cunha formación de sexteto,trompeta,banjo,piano, batería, contrabaixo e clarinete, Will Sm...

Will Smith é un recoñecido trompetista e cantante de jazz tradicional nacido en Nova Orleans.
Habitual en prestixiosas bandas como,Preservation Hall Jazz Band, Treme Brass Band, Harold Deixan's Olympia Brass Band ou Doc Paulin Brass Band, gravou e virou mundialmente con todos eles.
Alumno do lendario Danny Barker e influenciado por Sing Miller, Percy Humphrey ou Dee Dee Pierce. 
Coa súa carismática voz e elegante estilo na trompeta poderás gozar dun dos intérpretes máis fieis á tradición do jazz da cidade do Mississippi.
Nesta ocasión presenta tamén o seu disco “Songs From My Heart” e estará acompañado no banjo e a voz por Carlos Childe, alumno do soado guitarrista de Nova Orleans Carl LeBlanc, o son do seu banjo é unha homenaxe ao lendario Narvin Kimball.
Esta xira é resultado de anos de colaboracións entre ambos os músicos que nos traen a esencia dos sons de Nova Orleans. Cunha formación de sexteto,trompeta,banjo,piano, batería, contrabaixo e clarinete, Will Smith e a súa banda transpórtanche aos clubs de Nova Orleans.