Evento: Itinerarios en movemento · Análise dunha peza de danza con Laura Kumin

Itinerarios en movemento · Análise dunha peza de danza con Laura Kumin
venres, 23 maio, 2025 - 18:30
Rúa Nova, 22,
Santiago de Compostela

Itinerarios en movemento · Análise dunha peza de danza con Laura Kumin

O obxectivo desta actividade é enriquecer o coñecemento sobre a historia da danza, visibilizar as sinerxías entre diferentes estilos, crear espazos de diálogo e debate que fomenten o pensamento crítico, colabor...

O obxectivo desta actividade é enriquecer o coñecemento sobre a historia da danza, visibilizar as sinerxías entre diferentes estilos, crear espazos de diálogo e debate que fomenten o pensamento crítico, colaborar coa comunidade abrindo as artes do movemento á cidadanía, reunir axentes do sector e contribuír a sensibilizar o público cara á danza contemporánea.
Nesta actividade con Laura Kumin desentrañaremos os elementos estilísticos, coreográficos e conceptuais da danza, promovendo desta maneira a comprensión profunda da creación artística para afondar na análise crítica de calquer obra de danza contemporánea.
Laura Kumin, formada como bailarina e docente nos Estados Unidos, foi asesora de danza da Comunidade de Madrid entre 1989 e 1995 e responsable de programación de danza do Teatro Pradillo de 1997 a 2011. Dirixe o Certamen Coreográfico de Madrid dende 1987. Socia fundadora da rede europea Aerowavese e académica da Academia de Artes Escénicas de España.
 

Máis eventos de tipo Espectáculo

Imaxe
Extra!
4 de abril
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
os fabulosos cleaners
Os fabulosos CLEANERS
12 de abril
Multiúsos da Xunqueira
Son animal
18 de abril
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Concerto PunkInfantil
18 de abril
Teatro da Beneficencia