Evento: Unha mostra de Leandro Barea

Unha mostra de Leandro Barea
mércores, 23 abril, 2025 a luns, 26 maio, 2025
Plaza de Mazarelos,
Santiago de Compostela

Unha mostra de Leandro Barea

Exposición de *Leandro Barea* (Lugo, 1974) un dos artistas gráficos, ilustradores e muralistas máis interesantes de hoxe en Galicia e conta cun palmarés moi amplo de premios nacionais e internacionais.

Leandro Barea (Lugo, 1974) é un dos artistas gráficos, ilustradores e muralistas máis interesantes de hoxe en Galicia e conta cun palmarés moi amplo de premios nacionais e internacionais. Habitual na prensa, en revistas infantís ou satíricas, como El Jueves, e mesmo en fanzines, o seu estilo, humorístico e reflexivo, ten moito que ver coa actitude da propia filosofía, polo que esta exposición de 25 das súas obras atopa un lugar moi axeitado na Facultade de Filosofía. Leandro provoca ao espectador cun deseño audaz e uns textos que, ante todo, sempre fan pensar e poñen ao espectador nunha situación de cuestionarse el mesmo, os seus prexuízos e expectativas. A arte gráfica de Leandro sempre sorprende, sen perder nunca un espírito de crítica social que conecta inmediatamente co público.

Máis eventos de tipo Exposición

Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Mulleres artistas: aprendendo o oficio
11 de marzo a 31 de decembro
Lugar de la Ciudad de la Cultura
Somos un Ribeiro diverso
1 de abril a 31 de decembro
Museo Etnolóxico de Ribadavia