Evento: Encontro con Albertina Carri + ¡Caigan las rosas blancas!

Encontro con Albertina Carri + ¡Caigan las rosas blancas!
martes, 15 abril, 2025 - 19:00
Filmoteca de Galicia,
A Coruña

Encontro con Albertina Carri + ¡Caigan las rosas blancas!

Albertina Carri, 2025

Por primeira vez, ampliamos o foco do ciclo ao cine realizado fóra de España coa presenza da cineasta e escritora arxentina Albertina Carri. A súa visita á Filmoteca para presentar ¡Caigan las rosas blancas!, a súa sétima longametraxe estreada no último Festival de Rotterdam, ofrécenos a oportunidade de repasar unha filmografía transgresora que hibrida xéneros e técnicas e transita polos recordos para (re)construír o presente e inventar o futuro.

Encontro coa directora e proxección posterior:

 

¡Caigan las rosas blancas!

Continuación espiritual de Las hijas del fuego, na que Carri segue explorando a representación da sexualidade feminina. Unha directora de cinema, que no seu momento fixo unha película erótica independente con amigas, é agora contratada para realizar unha produción porno convencional e ecolóxica. Fracasa e pérdese nunha viaxe que a leva a territorio descoñecido. A premisa permite a Carri escapar do especificamente pornográfico e penetrar en aspectos teóricos sobre posta en escena nos que toca outros xéneros máis vastos, amplificando a proposta iniciada polo seu filme inmediatamente anterior.

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Armonías de Werckmeister
14 de febreiro
Filmoteca de Galicia
Notes of an Itinerant Performer
18 de febreiro
Filmoteca de Galicia
El incidente
18 de febreiro
Filmoteca de Galicia
Compartir o cinema: José Luis Guerin
19 de febreiro
Filmoteca de Galicia