Evento: Love Hotel

Love Hotel
mércores, 26 marzo, 2025 - 18:00
Filmoteca de Galicia,
A Coruña

Love Hotel

Shinji Sōmai, 1985

Tetsuro Muraki espera unha prostituta no seu cuarto de hotel. A súa pequena empresa editorial entrou en bancarrota, a yakuza atacou a súa muller e el ten a intención de morrer e de levar consigo a vida da súa acompañante. Esta pequena obra mestra, na que Shinji Sōmai fai a súa particular e melancólica incursión no roman porno da Nikkatsu, móstranos entre os neóns da cidade o encontro entre un home e unha muller que tentan construír unha nova vida á vez que seguen atrapados no seu pasado.

 

*Non recomendada para menores de 18 anos (contido erótico).

 

Imaxe ©1985 NIKKATSU Corporation