Evento: Camiño. A orixe. Organización e xestión dunha exposición temporal
Camiño. A orixe. Organización e xestión dunha exposición temporal
Con motivo da exposición Camiño. A Orixe, o Museo Centro Gaiás ofrece a oportunidade de adentrase na organización dunha exposición temporal, analizando as diferentes fases e técnicas de traballo deste proceso, desde a concepción da idea ata a inauguración. Será do 8 ao 11 de xuño nas xornadas académicas Camiño. A orixe. Organización e xestión dunha exposición temporal.
Con 150 obras procedentes de 70 institucións nacionais e internacionais, Camiño. A Orixe constitúe un caso de estudo axeitado para analizar aspectos como a definición do concepto e discurso dunha exposición, a selección e petición de obra, as relacións coas institucións cedentes, o deseño da montaxe, o seguro e transporte das pezas ou a edición do catálogo.
+ info e inscricións: https://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/organizacion-e-xestion-dunha-e...


