Evento: Entrañas

Entrañas
sábado, 15 marzo, 2025 - 18:30
Teatro Rosalía Castro,
A Coruña
Espectáculo a cargo do Patio Teatro

Onde van os nosos corpos cando desaparecen? Qué somos? De que estamos feitos? Qué é un corpo?

 O Patio Teatro asómase ao interior do corpo humano para tratar de explicar, a través do teatro de obxectos e a narración, que é iso que levamos dentro.

 Nunha tímida clase de anatomía, as preguntas acumúlanse para desentrañar algúns misterios do corpo humano. O resultado, un xogo, unha breve lección de anatomía, do Patio Teatro. 

A PRENSA DI:

Entrañas é unha preciosa viaxe feita a catro mans e a dúas voces polo interior do corpo humano (...) cun sofisticado dominio da plástica, dos obxectos e da linguaxe visual, sempre con graza, sinxeleza e unha extraordinaria elegancia, froito do respecto e a altura poética coa que abordaron o tema.TONI RUMBAU - Titiritero, escritor, crítico teatral - Putxinelli.cat

En Entrañas funciona á perfección o xogo de contrapoñer o plano científico, material, empírico, racional, co plano emocional, o dos sentimentos. Funciona grazas a que Fernández e Sáenz-López superan o reto de guiar ao espectador nunha viaxe aparentemente complexa, que combina os dous planos, coa linguaxe artística que xa lles coñecemos e que vai creando escola.? DANI CHICANO - Xornalista e crítico teatral - Escenafamiliar.cat

PREMIOS

Mellor Espectáculo de Sala - Mostra d?Igualada (2024)

Mellor Idea Orixinal - FETEN Xixón (2024)

Mellor Escenografía - Fira Titelles Lleida (2023)

*Espectáculo Recomendado pola Rede Nacional de Teatros e Auditorios de Titularidade Pública

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

O auto do Castromil
25 de maio, 19:00
Casa da Cultura Pintor Lloréns - Sada - A Coruña
As desterradas
25 de maio, 20:30
Teatro Rosalía Castro - A Coruña - A Coruña
Perder a lingua
30 de maio, 20:30
Teatro Rosalía Castro - A Coruña - A Coruña
O que hai que ver
30 de maio, 21:00
Salón Teatro - Lalín - Pontevedra