Evento: HUGO

HUGO
domingo, 16 febreiro, 2025 - 17:30
Auditorio Municipal Hernán Naval,
Ribadeo
Espectáculo de teatro a cargo de Os Náufragos

Hugo é diferente. Gústanlle moito os avións e tamén toca o piano. Laia visita a Hugo cada día. A Laia gústanlle falar e as plantas. Hugo ten TEA. A máis recente creación da compañía Os náufragos teatro é Hugo, unha peza teatral que aborda o tema do trastorno do espectro autista na infancia. Unha peza chea de sensibilidade e empatía que fala da da diversidade, da convivencia e da beleza de sermos diferentes. A peza está dirixida polo dramaturgo Gustavo del Río e o texto foi creado co asesoramento e colaboración de ASPERGA, a asociación galega de síndrome de Asperger.

Premio María Casares ao Mellor espectáculo para o público infantil e familiar.

Espectáculo seleccionado en FETÉN 2022
Espectáculo seleccionado en Galicia Escena PRO 2022
Espectáculo recomendado pola rede de teatros vascos SAREA

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

pum_pum_quen_hai
Pum Pum, quen hai?
13 de febreiro, 10:00
Fórum Metropolitano - A Coruña - A Coruña
pum_pum_quen_hai
Pum Pum, quen hai?
13 de febreiro, 12:00
Fórum Metropolitano - A Coruña - A Coruña
Samuel Diz e Jonatan Alvarado
El mal de l'amor. O cancioneiro de Gustavo Durán
13 de febreiro, 21:00
Teatro Municipal de Tui - Tui - Pontevedra
Cirkote
Cirkote
14 de febreiro, 19:00
Auditorio da Casa da Cultura - Outes - A Coruña