Evento: Vaites, rapariga!

Vaites, rapariga!
xoves, 11 xullo, 2024 - 20:30
Aula da Natureza Juan Lembeye do Xardín Botánico da Ría do Burgo,
Culleredo

Vaites, rapariga!

Espectáculo de Teatro a cargo de Tarabela Creativa

Están as noveliñas de vaqueiros. Eses clásicos libros finiños da colección ESTEFANÍA. Están os westerns do cine, que chegaron a nós excelentemente dobrados ao galego. E por suposto, están os westerns modernos. Todos teñen elementos comúns: hai certa violencia, a paisaxe ten un papel fundamental, as vilas son pequenas, o epicentro é a taberna, despútanse o poder, o orgullo e o territorio, as bandas sonoras son épicas, protagonízanos personaxes rurais que andan co gando e moitas veces ten peso o humor negro. Ademais todos acontecen no oeste. No lonxano oeste. Mais Vaites, rapariga! vén propoñer historias dun achegado oeste. Concretamente nor-oeste. O noso. Con historias que conteñen exactamente os mesmos elementos que os dos westerns ata o de agora coñecidos, dialogando directamente coa música. Unha comedia negra contada por Carmen “Lingua afiada” Conde e cantada por Su Garrido “Guitarra Lenta” Pombo. Dúas mulleres man a man na praza da vila, que van levar con elas a cada escenario. Narración oral e música ao vivo no novo western de Tarabela Creativa.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Hexagonum
Hexagonum
17 de febreiro
Multiusos da Xunqueira
tÁ
22 de febreiro
Aditorio Municipal
Universo Verso
21 de marzo
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
os fabulosos cleaners
Os fabulosos CLEANERS
12 de abril
Multiúsos da Xunqueira