Evento: O reino das árbores
O reino das árbores
xoves, 1 febreiro, 2024 a venres, 15 marzo, 2024
Rúa do Franco,
Santiago de Compostela O reino das árbores
Exposición de pintura de Luis Rodríguez Camarero.
As obras de Luis Rodríguez Camarero caracterízanse pola cualidade matérica e beleza cromática que presentan, destacando o emprego dunha persoal técnica de tratar o óleo que esixe un moi premioso e delicado proceso de execución por etapas, ao ter que proceder por capas superpostas de materia e mesmo tamén de cores.
Con este procedemento técnico pretende que as obras gañen en tactilidade plástica e expresividade visual. As paisaxes de Galicia, que lle serven de motivo, logran transmitir unha pureza na composición e un lirismo poético infrecuentes na pintura figurativa de natureza paisaxística.
Máis eventos de tipo Exposición



