Evento: Testosterona

Testosterona
sábado, 26 abril, 2025 - 20:00
Aula Municipal de Cultura,
Betanzos
Espectáculo teatral a cargo da compañía Malasombra Producións

O director dun importante medio de comunicación debe deixar o seu posto en mans dun dos seus dous subdirectores. Un é muller, home o outro. Que influirá nesa decisión?: a capacidade?, o sexo?, a experiencia?, a audacia?, o engano?, a trampa?..

TESTOSTERONA fala de desigualdade laboral; un home e unha muller optan a un posto de máxima  responsabilidade  nun medio de comunicación de ambito nacional; cal dos dous será o elixido e por que? A autora mexicana Sabina Bernan, propónnos unha reflexión profunda sobre a desigualdade laboral por cuestión de sexo, e faino de maneira que nos sorprenderemos cun sorriso debuxado nos nosos beizos vendo as peripecias destes personaxes.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Chafallas, a vendedora de fume
7 de xuño, 18:00
Salón Teatro - Lalín - Pontevedra
La maestra
8 de xuño, 12:30
Teatro Jofre - Ferrol - A Coruña
IN-CERTO
8 de xuño, 19:00
Casa da Cultura Pintor Lloréns - Sada - A Coruña
Pedro e o lobo
14 de xuño, 18:00
Salón Teatro - Lalín - Pontevedra